Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Cantos na Maré 2018

Avísame

Data

11 de outubro - 14 de outubro

Horario

Próximamente programa con horarios e espazos de celebración.

Lugar

Pazo da Cultura e outros espazos da cidade

Categoría

Música

O novo Cantos na Maré terá lugar en varios espazos da cidade de Pontevedra dos días 11 ao 14 de outubro, combinando concertos de pagamento e de balde con outras actividades musicais e culturais para todos os públicos

Entre os artistas do cartel deste ano podemos atopar grandes nomes da Lusofonía como a portuguesa Teresa Salgueiro, ex vocalista de Madredeus; o brasileiro Chico César, un dos “fundadores” do festival; a galega Mercedes Peón que presentará aquí o seu quinto disco, ‘Deixaas’; as rapeiras Capicúa e Eva RapDiva desde Portugal, xunto coa galega Wöyza; o rock e o kuduro de Throes & The Shine (Portugal/Angola); a mozambicana Selma Uamusse; a brasileira Bia Ferreira; o proxecto Coladera liderado polo brasileiro Marcos Suzano, un dos mellores percusionistas do mundo; e o caboverdiano Mário Lúcio, músico e poeta, ademais de ex ministro de Cultura de Cabo Verde.
A clausura do festival terá lugar o domingo 14 de outubro, cun espectáculo moi especial no que participarán varios artistas citados e un proxecto moi especial chegado desde Évora (Portugal). Trátase de Ath-Thurdá, promovido polo concello de Évora dentro das accións promocionais para a candidatura de Évora como Cidade Europea da Cultura en 2027 no que participarán artistas como Kepa Junkera, alén doutros músicos portugueses como Antonio Bexiga, Beatriz Nunes, Carlos Menezes e Celina da Piedade, entre outros.

 

Entradas e abonos á venda en Ticketea e a Casa da Luz a partir do venres 21 de setembro.