Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

As Matinés do Principal 2018

07 de abril - 06 de outubro

Música

Por segundo ano consecutivo e logo do éxito da primeira edicion, regresan ao Principal 'As Matinés'.

Guadi Galego o sábado 7 de abril, La Habitación Roja o 5 de maio e The Posies o 6 de outubro achegarán a súa versión máis íntima ao público famliar a partir o das 12:30 horas.

Un formato matinal que convida a gozar antes e ao remate do Casco Vello da nosa cidade, a súas prazas ateigadas de xente e a mellor oferta hosteleira. Por iso en torno ao ciclo, terán lugar diferentes actividades como catas de viños, vermú, etc que desvelaremos nas próximas semanas e nas que participarán os artistas.

As entradas, á venda a partir de mañá, martes 27 de febreiro en Ticketa e no despacho físico da Casa da Luz costan anticipadamente  entre 12 e 15€ + gastos. O abono para todo o ciclo, 36€. E lembrade que, os menores de 14 anos, teñen desconto do 50€ sobre o prezo!!