Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

As Matinés do Principal 2019

30 de marzo - 19 de outubro

Música

Entradas á venda en Ataquilla.com e a Casa da Luz entre 14 e 18€ a abonos para os 3 espectáculos, 45€. Menores de 14 anos, desconto do 50%.

Sés (30/03/19. 12:30 horas. Teatro Principal)

Ao longo dos últimos anos, Sés consolidouse coma unha das figuras máis destacadas da música galega e recorreu o país con actuacións cheas de paixón nos escenarios das vilas e cidades galegas. Pasiño a pasiño a súa intensa personalidade e honestidade conquistou ao público cunha enerxía que chama á unión e ao cuestionamento do establecido.

Formada na música e o baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 creou, xunto a tres amigos, a banda “Chámalle Xis!” que foi un dos grupos revelación dese ano. En 2011 publicou o seu primeiro traballo “Admirando a Condición”.

En 2019 chega o seu sexto álbum, “Rabia ao Silencio”, no que atopamos unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor chegadas de Latinoamérica ou doutros puntos da Península e que son adaptadas ao galego.

 

Morgan (27/04/19. 12:30 horas. Teatro Principal)

A banda madrileña consolidouse nos dous últimos anos como un dos grupos novos máis interesantes da escena española. A formación liderada por Nina de Juan reeditou o seu primeiro disco en 2017 e ofrecerán preto de cen concertos en salas e festivais de todo o país, esgotando as entradas en espazos emblemático coma o Circo Price de Madrid.  

En marzo de 2018  volveron cun  novo traballo, “Air”, o disco que sen dúbida marcou un antes e un despois na carreira desta banda, unha das voces máis persoais do panorama nacional e que cos seus directos seguen a conquistar ao público alí onde van.

 

McEnroe (19/10/19. 12:30 horas. Teatro Principal)

A banda vasca nacida en 2002 é  un dos grupos de referencia do indie español dende hai anos. O seu último disco, “Lluvias y truenos”, foi publicado en 2016 en colaboración con el grupo The New Raemon”. En 2019 publicarán un novo álbum que presentarán na súa actuación en Pontevedra.  

 

Ricardo Lezón é o líder da banda dende os seus comenzos. McEnroe é un grupo difíciil de encasillar e que se caracteriza polas súas letras cheas de poesía que falan sobre o amor, os desexos e os anhelos.