Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

As Matinés do Principal

04 de marzo - 04 de xuño

Música

Fuxindo dalgúns dos tópicos dos formatos de programación matinais concibidas para un público fundamentalmente infantil, As Matinés do Principal buscan unha audiencia moito máis ampla e fomentar novos horarios de consumo cultural. Os concertos das Matinés do Principal están pensada para gozar en familia, entre amigos… Os cinco concertos comezarán todos ás 12.00 do mediodía e se celebrarán en fin de semana (catro sábados e un domingo), un horario asumible tanto para grupos familiares como para o cada vez máis numeroso público que reclama unha oferta de ocio diúrno con personalidade e de calidade. 

A variedade das achegas musicais desta primeira edición Teatro Principal a artistas, músicos e grupos internacionais, nacionais e galegos de contrastada reputación, valía artística e orixinalidade. A inconfundible voz da actriz e cantante madrileña Leonor Walting, líder de Marlango, será a encargada de inaugurar “As Matinés do Principal” o sábado 4 de marzo co seu pop cheo de estilo e carácter ao que seguirá o sábado 1 de abril esa fusión de rock, country e blues de The Sadies, banda de culto canadense con máis de dúas décadas de experiencia e éxitos. Óscar D’Aniello (Delafé) presentará nas nosas matinés La fuerza indescriptible, o seu primeiro traballo en solitario tras máis dunha década envorcado no proxecto Delafé y Las Flores Azules cuxo título define con precisión o carácter sobre o escenario deste músico e cantante catalán. Feitos en Galicia, propoñemos dous xeitos de achegamento a músicas “populares” dende perspectivas ben diferentes, como as de De Vacas e a súa orixinal visión para versionar coñecidos “temazos” que rescatan para todos os públicos cun formato fresco e divertido co que nos emocionan e fan rir a partes iguais, ou a Orquestra Os Modernos, un renovado rexistro musical das noites de verbena e as mañás de vermú con bailes como o foxtrot, baiao, chotis, tango, rumba, muiñeira, xota, etc.; a Orquestra Os Modernos estarán secundados no seu concerto que clausura o ciclo o domingo 4 de xuño por Espiño (o novo proxecto musical do inquedo músico compostelán líder da banda Los Chavales, Alfonso Espiño que resultou recentemente gañador do certame Galicia Creativa da Fundación SGAE).

 

Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com e, no caso de non esgotarse, na billeteira do Teatro o propio día do concerto.