Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Ciclo Cóxegas 2017

05 de novembro - 26 de novembro

Danza , Escena , Festival das Cóxegas , Nenos , Outros

O ciclo Cóxegas é un ciclo arredor das artes escénicas dirixido a público familiar. Nel combínanse espectáculos de danza, música e teatro pensados para divertir e entreter aos espectadores máis esixentes do mundo: @s nen@s.

Todos os Domingos de novembro de 2017 no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 18:30 h. 

Venda anticipada en Ataquilla.com e de non esgotarse, 2h antes na billeteira do Auditorio.

Prezo: 6 € máis gastos de tramitación por cada función*.

*Ten en conta que para acceder a cada un dos espectáculos cada persoa debe ter unha entrada, independentemente da súa idade e de que ocupe ou non unha localidade. As idades dos espectáculos son recomendadas, o que non significa que os espectadores con idades inferiores ás recomendadas non teñan que pagar localidade.

Lembra que non se permite acceder ao Auditorio e ao Salón de Actos con carriños ou cadeiras de bebés.