Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Voices 2018 - Jorge Drexler, Jane Birkin e unha confirmación sorpresa

20 de xaneiro - 27 de outubro

Fiel a súa aposta por consolidarse como un referente no eido da programación cultural galega, a cidade de Pontevedra brindará aos seus públicos, por segundo ano consecutivo, a posibilidade de gozar cos mellores directos musicais da man do ciclo Voices. A programación cultural da cidade, sempre baixo o prisma da calidade e da diversidade artística que veñen caracterizando a súa ampla oferta, medra un ano máis para achegar a Pontevedra algunhas das mellores voces do panorama internacional. A expectación está servida tras a primeira edición celebrada en 2017, que acadou grandes aplausos do público e da crítica, con cheos absolutos nalgúns dos seus inesquecibles directos.

O ciclo Voices afrontará a súa segunda edición en 2018 coa fin de recoller os sons máis salientables do panorama musical actual -desde os máis clásicos aos máis vangardistas-, con figuras de recoñecido prestixio internacional. Voices apostará un ano máis polas sonoridades do mundo, sen atender a estilos nin a modas, coa fin de apostar pola calidade musical como valor principal da súa programación. Soul, rock, indie, world music e jazz, entre outros estilos musicais, atoparán o seu espazo nesta cita musical imprescindible que busca asentarse como un referente non só en Galicia, senón tamén en todo o norte peninsular. 

O primeiro artista confirmado dentro do seu cartaz é Jorge Drexler, que actuará o sábado 20 de xaneiro, ás 21.00h, no Pazo da Cultura. Ademais, o sábado 27 de outubro, Voices acollerá a única data confirmada en España de Jane Birkin, toda unha homenaxe ao compositor máis celebrado de Francia en mans da delicada e melodiosa voz de quen fose a súa parella. Birkin conta coa colaboración do compositor e pianista xaponés Nobuyuki Nakajima e, en Pontevedra, estará tamén acompañada pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, baixo a batuta do director Javier Viceiro-Filgueira.

Queda pendente unha confirmación sorpresa que se fará nos próximos meses pero para premiar a confianza no ciclo está á venda un abono para as 3 citas cun custo de 55€. Os posuidores do mesmo, terán acceso directo ás charlas e/ou actividades que se levarán a cabo con todos os artistas.

 

Compra aquí tus entradas

ticketea