Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Cineclube Pontevedra: 'Rebeldes do deus Neón'

Cineclube Pontevedra: 'Rebeldes do deus Neón'

Avísame

Data

16 de xaneiro

Horario

20:30

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Cinema

REBELDES DO DEUS NEÓN [Qing shao nian nuo zha]
TSAI MING-LIANG
1992, Taiwán,102 min., VOSE


Sinopse: Hsiao-kang (Lee Kang-sheng) é un mozo excéntrico e introvertido que vive cos seus pais en Taipéi. A relación conflitiva que vive na casa arrástrao cara á rúa da cidade e os seus salóns recreativos. A súa vagabundaxe vaino facer atopar por azar a Ah-tze (Chen Chao-jung), un delincuente que lle fai as beiras a Ah-kuei (Wang Yu-wen), traballadora da sala de patinaxe sobre xeo. A vida de Hsiao-kang vai ficar perversa e indisolublemente ligada á de Ah-tze e mais a súa moza, aos que espreitará desde as sombras.

Rebeldes do deus neón é a primeira longametraxe de Tsai Ming-liang (O sabor da sandía, Stray Dogs, Visage) e coa que se perfila a estreita relación que vai ter con Lee Kang-sheng, que, coma Jean-Pierre Léaud interpretando a Antoine Doinel para Truffaut, convertirase no álter ego do propio director no resto da súa filmografía.

Golden Horse á mellor música no Festival de Cine de Taipéi 1992 / Bronze Award no Festival Internacional de Cine de Tokio 1993 / Premio da Cidade de Torino ao mellor filme no Festival Internazionale Cinema Giovani.

Consultar abonos anuais e semestrais. Acceso por filme, 2€.