Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • FLOP Cinema: 'Un ano con trece lúas' (In einem Jahr mit 13 Monden) de Rainer Werner Fassbinder,

FLOP Cinema: 'Un ano con trece lúas' (In einem Jahr mit 13 Monden) de Rainer Werner Fassbinder,

Avísame

Data

28 de maio

Horario

20:30

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Cinema

UN ANO CON TRECE LÚAS
In einem Jahr mit 13 Monden, 
Rainer Werner Fassbinder, 1978, 124 min., VOSE
Lingua orixinal: Alemán
Filme dentro do programa FLOP Cinema, seleccionado por Cineclube Pontevedra


Un ano con trece lúas é unha das obras mestras de Fassbinder. Filme excesivo, nado aparentemente baixo os auspicios dun mélo fúnebre, remata por revelarse coma unha historia escura sobre o corpo, dun rigor formal e unha intensidade narrativa absolutas. Nel relátanse uns días da vida de Elvira. Elvira atravesando as rúas dun Francfort de pesadelo co adagietto de Mahler que aparece en Morte en Venecia, masturbándose sobre a cama coa música dun coro infantil, atopándose cun suicida coa soga ao pescozo ou xogando con Schopenhauer no patio dun convento onde pasou a infancia son algúns dos momentos máis delirantes do cinema moderno. Curioso filme, ademais, en que Fassbinder manexa guión, realización, cámara, montaxe e produción para conxugar un implacable melodrama sobre a identidade sexual e a marxinación.
(Domènec Font, La anarquía de la imaginación)

Entrada libre ata completar cabida.