Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Concertos en Familia: "Pedro e o lobo"

Concertos en Familia: "Pedro e o lobo"

Avísame

Data

23 de novembro

Horario

18:30

Lugar

Teatro Principal

Categorías

Concertos en Familia , Contacontos , Música , Nenos

Estrea absoluta do novo espectáculo de Fantoches Baj con música da Banda de Música de Pontevedra, dirixida por Juan Lois Diéguez e monicreques. Inspirado no conto clásico pero con grandes doses de innovación,  Pedro e Irati son un matrimonio de fillos e netos de traballadores do ferrocarril, donos agora dun parque temático onde se recrea en miniatura un circuíto dun antigo tren a vapor. Hoxe, utilizando algúns dos elementos escenográficos do seu parque cóntanlle á xente como se coñeceron na estación abandonada de Montefurado, nun día no que toda a aldea andaba a procura dun lobo, de como Pedro cazou o lobo para facerse o valente e vingarse de que lle papara a seu “pata Branca” e como finalmente Irati convence a Pedro para que perdoe ao lobo e o deixe retornar ao seu ámbito natural, o bosque.

Podedes ver a montaxe aquí.

Recomendado a partir de 5 anos.

Venda anticipada de entradas en servinova a un prezo de 5€ (3€ para menores, estudantes, parados e xubilados). No caso de non esgotarse na venda anticipada, poderán mercar as entradas 1h. antes do espectáculo na billeteira do Teatro Principal.