Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Contrariadas: Martirio e Mónica de Nut
Foto: Julia Molina

Foto: Julia Molina

Contrariadas: Martirio e Mónica de Nut

Avísame

Data

03 de marzo

Horario

20:00

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Música

Continuamos este interesante ciclo con outras dúas grandes artistas encima do escenario.

Xuntamos a dúas artistas grandiosas, representativas ámbalas dúas de dúas épocas diferentes, pero ámbalas dúas tamén cunha forza vocal e
interpretativa indescriptibles: Martirio + Mónica de Nut

E para máis desfrute da audiencia, teremos a sorte de escoitalas tamén en conxunto, xa que nos agasallarán con un par de temas que prepararán para
interpretar a dúo nesta ocasión.

Martirio - “Antología”:  Martirio é unha das grandes da música peninsular, e seguramente poidamos decir que de todo o mundo. Martírio defínese a si mesma
como “unha especie de arqueóloga musical”. A súa imaxe, enigmática e sofisticada, é a súa tarxeta de presentación. Unha artista viva, sempre curiosa, moderna e vanguardista como poucas, que enche as súas
representacións de creatividade, fantasía, imaxinación e cultura a raudales.


Mónica de Nut + Luis Martíns - “Raíces Aéreas”:  Mónica de nut (voz e electrónica) e Luís Martíns (arpa e electrónica), veñen de gravar o disco
RAÍCES AÉREAS (Freecode). O elemento inspirador son as gravacións dos anos 50 de cantos de mulleresque transmiten toda a forza ancestral galega. Cantos crus, vitais e poderosos, conéctannos á raíz de saber de onde vimos e cal é a nosa esencia.

Entradas en venda anticipada en Ataquilla.com e no despacho da Casa da Luz a 18€ + gastos. (Estudantes, parados e xubilados 15 €+gastos)