Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • CREA8 Cinaclube Pontevedra: 'Alanis' - Anahí Berneri

CREA8 Cinaclube Pontevedra: 'Alanis' - Anahí Berneri

Avísame

Data

12 de marzo

Horario

20:30

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Cinema

Sinopse Alanis é traballadora sexual. Ten un bebé e comparte con Gisela, unha compañeira, o apartamento no que vive e atende os seus clientes. Todo muda cando dous inspectores municipais irrompen no seu domicilio e deteñen a Gisela, a quen acusan de trata. Expulsada do seu piso, Alanis trasládase temporalmente á casa da súa tía. Coida do seu fillo e ofrece na rúa o que sabe facer. Sempre en continuo movemento, Alanis loita por atopar o seu lugar.

Galardóns Cuncha de Prata á mellor dirección —Anahí Berneri—, Cuncha de Prata á mellor interpretación feminina —Sofía Gala— e Premio da Cooperación Española en San Sebastián 2017.

Anahí Berneri, directora de Alanis, é a segunda muller que gaña o premio á mellor dirección en 65 anos de historia do Festival de San Sebastián. A primeira foi a chinesa Xu Jinglei, en 2004.

Entrada 2€.