Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Docs do mes - 'A better man' (Un home mellor)

Docs do mes - 'A better man' (Un home mellor)

Avísame

Data

21 de maio

Horario

20:30

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Cinema

Nunha calorosa noite de verán, unha moza de 18 anos fuxía de casa e corría polas rúas da súa cidade temendo pola súa vida. Chamábase Attiya Khan e escapábase de Steve, o seu exmozo, que estivera abusando dela desde facía dous anos. 22 anos máis tarde, Attiya pide a Steve que se reúna con ela porque quere saber como lembra el a súa relación e se está disposto a asumir a responsabilidade das súas accións violentas. Attiya decide filmar este primeiro encontro co ex que a maltrataba. Esta reunión emocionalmente crúa marca un novo comezo no proceso de recuperación de Attiya, así como un punto de partida importante para Steve. Por primeira vez, fala do abuso e abre as gretas para tratar o pasado. Sen ter que perdoar e sen xustificar os terribles abusos, A Better Man (Un home mellor) aposta pola chamada “xustiza restaurativa”, na cal a vítima e o agresor buscan colectivamente a mellor solución ao conflito. Neste caso, o benestar emocional de Attiya pasa por que o seu agresor recoñeza que se equivocou. Unha produción valente e necesaria da actriz e cineasta Sarah Polley que aborda unha novo paradigma para a prevención da violencia machista.
 
Entrada libre ata completar cabida