Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Docs do mes - 'Gracias por la lluvia' de Julia Dahr

Docs do mes - 'Gracias por la lluvia' de Julia Dahr

Avísame

Data

19 de marzo

Horario

20:30

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Proxección documental

Durante o últimos catro anos, Kisilu Musya, un granxeiro kenyano, utilizou o seu cámara para capturar a vida da súa familia, o seu pobo e os efectos devastadores do cambio climático sobre a súa terra. Filmou inundacións, secas e tormentas, pero tamén foi testemuña dos custos humanos destes fenómenos: a migración dos homes á cidade en busca de novos empregos ou como os seus fillos foron devoltos a casa porque el non podía pagase a escola a final de mes.

Despois dunha tormenta que destrúe a súa casa, Kisilu empeza a construír un movemento comunitario de agricultores que loitan contra os impactos do clima extremo e decide viaxar a París con motivo da XXI Conferencia sobre o Cambio Climático, para tentar ter voz nas conversacións sobre o clima e dar un xiro de 180 graos ás políticas ambientais.

Alí, no medio da impenetrable lóxica das grandes negociacións políticas, no marco do show ambiental máis grande do planeta, a relación entre a directora do filme, a norueguesa Julia Dahr, e Kisilu cobra unha nova dimensión e une os mundos opostos que os dous personaxes representan– norte e sur- nunha mesma loita pola xustiza climática.

 

Entrada libre ata completar cabida.