Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Docs do mes - 'Las chicas del amanecer dorado' de Havasd Bustnes

Docs do mes - 'Las chicas del amanecer dorado' de Havasd Bustnes

Avísame

Data

16 de abril

Horario

20:30

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Proxección documental

“Que pasou en Grecia?”, pregúntase en voz alta o cineasta vard Bustnes ao comezo deste inquietante documental. Nos últimos anos, a imaxe dun país con praias asolladas e xente amigable foi escurecida por ideoloxías políticas próximas ao nazismo que se encarnan en Amencer Dourado, o partido que nas eleccións de 2012 conseguiu 21 escanos no parlamento grego. Cando numerosos membros destacados do partido son encarcerados, as súas mulleres (entre elas, a filla do líder Nikos Michaloliakos) toman as rendas da formación e continúan transmitindo a súa mensaxe. Todas elas teñen a suficiente experiencia para evitar gretas no discurso oficial e asegúranse de que as entrevistas que lles fan queden como tal e como queren. Pero, nun momento de distracción, o director foxe correndo coa cámara e consegue gravar imaxes comprometidas do partido neonazi. O material resultante, complementado con imaxes de arquivo, non deixa ningunha dúbida sobre o lado depravado deste partido político e revela o abismo, cada vez máis claro, entre a realidade e a imaxe que pretenden dar.
 
Entrada libre ata completar cabida.