Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Docs do mes - 'Petitet' - Carles Bosch

Docs do mes - 'Petitet' - Carles Bosch

Avísame

Data

18 de xuño

Horario

20:30

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Proxección documental

Joan Ximénez Petitet, un corpulento xitano do barrio do Raval de Barcelona, acompañara —tocando os bongos— a moitos dos grandes músicos de rumba. O seu pai foi palmeiro do famoso ídolo da rumba catalá, Peret, xa morto igual que todos os grandes nomes da súa xeración que popularizaron e internacionalizaron a rumba catalá. Antes de morrer a súa nai, Petitet prometeulle que algún día devolvería a rumba catalá á cima, se é posible nun dos escenarios máis importantes como é o Gran Teatro do Liceo. É fillo único e padece miastenia gravis, unha enfermidade das chamadas “raras” que soamente se diagnostica a unha de cada 50.000 persoas en todo o mundo e cuxa cura aínda non se investigou o suficientemente. Agora, para poder cumprir a súa promesa, deberá reunir a unha vintena de músicos xitanos —xeniais, aínda que indisciplinados— e conseguir o milagre que supón poñerse de acordo cunha orquestra sinfónica. Os ensaios, certamente, son un caos: os seus xitanos non leron nunca unha partitura. A pesar das dificultades, Petitet aproveita tanto os días bos como os malos, disposto a cumprir a promesa que lle fixo á súa nai.
 
Entrada libre ata completar cabida