Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Domingos do Principal : Úniko de Teatro Paraíso

Domingos do Principal : Úniko de Teatro Paraíso

Avísame

Data

17 de xaneiro

Horario

12:00

Categoría

Domingos do Principal


Paul é fillo único e o rei da súa casa. O nacemento da súa irmá Irati provocará que un medo íntimo a deixar de ser querido se apodere del ameazando a estabilidade familiar. Misturando as técnicas do títere e do teatro máis realista presentamos o desacougante tema dos ciumes, mirando de fronte en toda a súa crueza, aínda que sen perder nunca o sentido do humor.
Premio FETEN 2020 á mellor interpretación, Maite Bayón
Teatro de actor / títeres
Duración: 67 minutos
Recomendado a partir de 6 anos

Pases ás12 e 18:30h.

Entradas a un prezo único de 4€ en Ataquilla.com e de non esgotarse na venda anticipada o propio día do pase na billeteira de 10 a 11h. ou de 16 a 17h.

É preciso contar con entrada independentemente da idade do/a asistente.

A compra de entradas supón a admisión e cumprimento da normativa vixente con respecto á COVID a nivel xeral e a propia do recinto que ten a súa disposición no documento Medidas Covid da plataforma de venda.

A apertura de portas terá lugar 30min. antes do inicio do evento. Recomedamos asistir con marxe para facilitar a acomodación e evitar aglomeracións.