Domingos do Principal: Cartóons de Excéntricas
Data
14 de febreiro
Horario
Pases ás 12 e 18:30h.
Lugar
Teatro Principal
Categoría
Domingos do Principal
Dous pallasos moran á marxe. Á marxe de todo. Arrodeados de cartóns, nun mundo de cartóns que a xente tira porque non serven para nada. Quen dixo que non servían para nada? Con eses cartóns construirán cousas e máis cousas. Con eses cartóns construirán todas as historias que nos contan.
Clown e musical. Duración: 50 minutos. Recomendado a partir de 4 anos
Pases ás 12 e 18:30h.
Entradas a un prezo único de 4€ en Ataquilla.com e de non esgotarse na venda anticipada o propio día do pase na billeteira de 10 a 11h. ou de 16 a 17h.
É preciso contar con entrada independentemente da idade do/a asistente.
A compra de entradas supón a admisión e cumprimento da normativa vixente con respecto á COVID a nivel xeral e a propia do recinto que ten a súa disposición no documento Medidas Covid da plataforma de venda.
A apertura de portas terá lugar 30min. antes do inicio do evento. Recomedamos asistir con marxe para facilitar a acomodación e evitar aglomeracións.