Domingos do Principal: Jojó de Boja Ytuquepintas
Data
07 de marzo
Horario
Dobre pase ás 12 e ás 18:30h.
Lugar
Teatro Principal
Categoría
Domingos do Principal
Descargas
Jojó, é o nome do primeiro orangután que foi rescatado do seu cativerio e que significou o inicio do proxecto Animal Rescue, unha organización non gubernamental que loita por salvar animais en catividade e rehabilitalos no seu medio natural. O espectáculo conta a historia de Jojó. Actualmente Jojó aínda vive e é un grande orangután macho. Unha fermosa proposta escénica de poesía visual sen texto, usando a area e manipulación de monicreques con música en directo.
Teatro visual, arte con area, monicreques e música en directo
Duración: 55 minutos. Recomendado a partir de 7 anos
Pases ás 12 e 18:30h.
Entradas a un prezo único de 4€ en Ataquilla.com e de non esgotarse na venda anticipada o propio día do pase na billeteira de 10 a 11h. ou de 16 a 17h.
É preciso contar con entrada independentemente da idade do/a asistente.
A compra de entradas supón a admisión e cumprimento da normativa vixente con respecto á COVID a nivel xeral e a propia do recinto que ten a súa disposición no documento Medidas Covid da plataforma de venda.
A apertura de portas terá lugar 30min. antes do inicio do evento. Recomedamos asistir con marxe para facilitar a acomodación e evitar aglomeracións.