Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Auditorio
  • Estrea película 'Castelao: de chumbo a verba' de Miguel López

Estrea película 'Castelao: de chumbo a verba' de Miguel López

Avísame

Data

20 de maio

Horario

20:00

Lugar

Auditorio do Pazo da Cultura

Categoría

Cinema

O vindeiro sábado 20 de maio ás 20.00h no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n), o director e guionista Miguel López xunto co seu equipo e a artista María do Ceo - que interpretará algún dos temas da película-  presentarán este filme documental.

A historia do filme transcurre na época actual. Nun colexio de Pontevedra celébrase o día das artes Galegas adicado á Castelao. A mestra (Uxia Blanco) encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin de semana. Xavi (Iago Novoa), un neno intelixente e un pouco lacazán recibe unha reprimenda da súa mestra por non estar atento á clase. A partir de aí, o neno artella un mundo entre a fantasía e a realidade que se inicia cando a estatua de Castelao do grupo escultórico de la Praza de San Xosé cobra vida (Miguel Pernas) e percorre co neno os lugares máis significativos da Pontevedra na que viviu o insigne galeguista durante 20 años.

Castelao: de chumbo a verba é un documental ficcionado no que se mistura a época actual, imaxes de arquivo de Castelao e flashbacks que nos achegan as dúas froitiferas décadas -de 1916 a 1936- da vida do artista e escritor rianxeiro, axudando a entendermos o seu pensamento, e a súa vida persoal, cultural e política.

Entrada libre ata completar cabida.