Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Sala de Exposicións
  • Exposición "Do Final e do comezo 2018"

Exposición "Do Final e do comezo 2018"

Avísame

Data

06 de setembro - 30 de setembro

Horario

20:00

Categoría

Exposición

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle, como cada ano, unha selección dos Traballos Fin de Grao de Belas Artes ( TFG). Este ano podemos ver unha ampla representación dos alumnos e alumnas que terminaron a súa carreira, xa que son 40 os estudantes que nos mostran o seu modo de representar e ver o mundo a través de debuxos, pinturas, instalacións, animación audiovisual, libros de artista e esculturas.

O TFG é a última proba tras catro anos de estudos, onde o/a estudante desenvolve un proxecto persoal no que condensa a súa aprendizaxe e coñecementos adquiridos na carreira, moldeados pola sensibilidade e intereses propios, que fan de cada proxecto unha experiencia artística única e orixinal. Cada estudante expón as súas pezas formulando as súas propias preguntas e respostas, desde as súas inquietudes e desexos, facendo de cada proposta un percorrido persoal no que se implica en profundidade e con contundencia.

O conxunto de pezas que poderemos ver na exposición Do final e do comezo desvélannos os intereses creativos e artísticos desta nova promoción de graduados. Intereses diversos como diversas son as sensibilidades que os producen. Así podemos ver desde grandes cadros a pequenas e íntimas teas bordadas, desde esculturas texturadas e orgánicas a sobrias xeometrías, desde papeis con debuxos xigantescos a libros que recollen os xestos en pequenos espazos de papel, desde debuxos que se moven en animacións proxectadas a outros que se expresan sobre ferros de cobre ou aluminio, desde instalacións etéreas infestadas de luz a instalacións realizadas con fragmentos de espazos habitados, cargados de novos e múltiples sentidos, así como espazos multimedia. Tamén podemos ver fotografías que mostran miradas ao obxecto, ao corpo e á natureza.

Toda unha diversidade de modos e maneiras de falar e mostrar as inquietudes desta nova xeración de artistas.

Esta exposición poderá visitarse dende o 6 ao 30 de setembro nos seguintes horarios:

Martes a vernes de 18.00 h a 21.00 h.

Sábados de 12.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 21.00 h.

Domingos e festivos de 12.00 h a 14.00 h. 

Luns pechada.