Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Sala de Exposicións
  • Exposición de Fotografía Juan Adrio

Exposición de Fotografía Juan Adrio

Avísame

Data

27 de setembro - 17 de novembro

Horario

De martes a venres de 17 a 21h
Sábados de 11 a 14 e de 17 a 21h
Domingos e Festivos de 11 a 14h

Lugar

Sala de Exposicións

Categoría

Arte

A natureza preséntase como a gran protagonista desta mostra de fotografía de Juan Adrio (Pontevedra, 1971) que releva á exposición que o ano pasado protagonizou Miguel Vidal no Pazo da Cultura de Pontevedra que serviu de comezo para unha serie de exposicións anuais no outono. Unha liña de traballo para reclamar o papel da fotografía como xeito de expresión ou como mirada ao noso arredor. Se o ano pasado Miguel Vidal tiña ao ser humano como protagonista, con Juan Adrio o foco amplíase á natureza para arrebatarnos coa súa mirada chea de romanticismo ao horizonte do noso mar. Unha liña límite coa que se xoga ao longo desta exposición na que oito fotografías de gran formato nos levan ata o interior desa natureza, compoñendo un miradoiro inimaxinable dende o que albiscar un tempo gris que vai máis alá do metereolóxico para pulsar o latexo deste tempo noso. Xunto a elas outras dúas series nas que se recompoñe esa mesma liña do horizonte dende diferentes puntos de vista e se xoga coa palabra como recordo que emerxe da paisaxe son o soporte visual desta mostra.

Con esta segunda edición prodúcese un feito relevante ao atopar o respaldo dunha cita tan importante en Galicia como é o Outono Fotográfico, que neste ano chega a súa 31ª edición, vinculando deste xeito este proxecto pontevedrés á súa capacidade para levar a fotografía ao público. Intégrase así Pontevedra nese circuito de mostras fotográficas que protagonizan o outono cultural en Galicia ademais de supoñer un forte pulo para a cita de Pontevedra na que diferentes fotógrafos vencellados á nosa cidade terán o seu espazo para amosar as súas produccións.

Currículum:

JUAN ADRIO

(Pontevedra, 1971)

Vive e traballa en Santiago de Compostela. Licenciado en Belas Artes na Facultade de Pontevedra, é profesor de Fotografía na Escola Superior de Deseño Mestre Mateo.

Expón regularmente desde o ano 1999, destacando as súas últimas mostras individuais na Sala Alterarte de Ourense en marzo de 2011 xunto con Vanesa Díaz, na Galería Volter de Ourense (novembro de 2008), na Galería Art Window de Barcelona (outubro de 2007) e na Galería A Suite de Barcelona en 2005, así como en diferentes exposicións colectivas, como a da Galería Ágora 3 de Sitges en febreiro de 2008, na Marmara Faculty of Fine Arts de Estambul en xaneiro de 2008 e Arte en Pontevedra V en 2006. A súa obra está presente, entre outros espazos, na Feira Internacional de Arte Contemporánea de Marbella (2006), na

Feira Internacional de Arte Contemporánea de Estrasburgo (2007) ou no Salón d’art de Barcelona –BART– (outubro de 2008).

Forma parte e expón co colectivo LIBA dende o ano 2009, realizando exposicións como Please Wait na Sala X de Pontevedra no 2009, Estrategias urbanas deslocalizadas na Casa Galega da cultura de Vigo no 2010, ou Desea, piensa, parpadea na LaBoral de Gijón no 2010.

En 2012 acadou o segundo premio no Premio

Fundación Aena de Fotografía. A obra premiada pasou a formar parte da Colección Aena de arte contemporáneo, participando en Air-port- photo, exposición colectiva de dita colección, que atopábase dentro da sección oficial de Photoespaña 2012.