Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Pazo da Cultura
  • 'Imaxinar a educación. 50 anos con Frato'

'Imaxinar a educación. 50 anos con Frato'

Avísame

Data

28 de abril - 11 de xuño

Horario

17:30

Categoría

Exposición

Descargas

Dossier Frato

O venrs 28 bota a andar a exposición 'Imaxinar a educación. 50 anos con Frato' e con tal motivo e de xeito previo á apertura da Sala, ás 17:30h. terá lugar no  Auditorio do Pazo da Cultura a conferencia inaugural da man de Francesco Tonucci. 

Francesco Tonucci é un investigador e pedagogo italiano nado en Fano o 5 de xullo de 1940. En 1966 realizou os seus primeiros debuxos de carácter pedagóxico e desde 1968, co heterónimo de Frato, comezou un traballo gráfico sistemático coa intención de expoñer o seu pensamento educativo a través de viñetas e debuxos. Unido ao Parque das Ciencias desde a súa orixe, como fonte de inspiración e como impulsor da súa creación, agora volve ao museo para mostrar a través desta exposición o seu concepto da educación baseado no respecto e a escoita das nenas e nenos e no valor da participación para fomentar a aprendizaxe e promover a curiosidade. O seu traballo é moi valorado internacionalmente e tamén en España e en Andalucía, onde se lle outorgou a Medalla de Ouro ao Mérito en Educación no ano 2012. 

IMAXINAR A EDUCACIÓN. 50 ANOS CON FRATO Educar non é unha tarefa fácil. A educación necesita unha reflexión constante e unha renovación permanente e para iso é moi conveniente dispoñer de espellos que devolvan a imaxe do que non se fai ben. O humor é un dos espellos máis importantes. É o que, desde hai medio século, vén facendo Frato. As súas viñetas reflicten, sempre desde a perspectiva das nenas e nenos, os erros e as contradicións da educación nas sociedades urbanas e desenvolvidas. A exposición Imaxinar a educación. 50 anos con Frato é unha invitación a pensar, a discutir prácticas desacertadas, a imaxinar un cambio. E ao mesmo tempo é unha oportunidade para mostrar a intelixencia e a creatividade da infancia, a súa capacidade para aprender e construír

Visitable ata o 11 de xuño de martes a venres de 17 a 20h. Sábados de 11 a 13:30 e de 17 a 20h. Domingos e festivos de 11 a 14h. Luns, pechado. Entrada libre.