Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Sala de Exposicións
  • Exposición 'Variacións ao redor do mar' de Agnès Varda

Exposición 'Variacións ao redor do mar' de Agnès Varda

Avísame

Data

28 de xuño - 26 de agosto

Horario

De martes a venres de 12 a 14 h e de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos de 12 a 14h. Luns, pechado.

Lugar

Sala Exposicións Pazo da Cultura

Categoría

Exposición

Instalacións videográficas e fotos compoñen a mostra da cineasta francesa inaugurada o xoves 28 ás 20h e que se poderá visitar ata  o 26 de agosto no horario habitual de apertura da Sala: De martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos de 12 a 14h. Luns, pechado. Entrada libre.

Como complemento á exposición, proxectarase a emotiva e brilante última película de Agnés Varda, “Visages, villages” (caras e lugares), o día 10 de agosto, ás 20 horas no Teatro Principal. “Caras e lugares” foi filmada por Varda en colaboración co fotógrafo americano JR (Jean René), un novo pero brillante fotógrafo que empezou sendo grafitero nas rúas de París e chegou a expoñer nos mellores certames do mundo. Ambos fan unha viaxe pola Franza profunda, fuxindo dos tópicos turísticos e reflectindo as historias das persoas que se van atopando, que fotografían ante enormes retraros. Foi un filme amplamente recoñecido, con varios trunfos en festivais e unha nominación ao mellor documental nos premios Óscar de 2017.

Tráiler “Rostros e lugares” (2017)

https://www.youtube.com/watch?v=SLPLzyK2urs