Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Sala de Exposicións
  • Inauguración exposición Page Tsou - 'Hide-and-seek'

Inauguración exposición Page Tsou - 'Hide-and-seek'

Avísame

Data

07 de decembro - 14 de xaneiro

Horario

De martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14. Luns, pechada.

Lugar

Sala de Exposicións do Pazo da Cultura

Categorías

Arte , Exposición

A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura acollerá do 7 de decembro ao 14 de xaneiro a mostra  Hide- and- seek [ xogo do agocho] do artista  Page  Tsou (Taiwan, 1978) que exhibe a súa obra en España por segunda vez. A exposición reúne dez proxectos que comprenden máis dun centenar de orixinais do autor  taiwanés, coñecido  polos seus deliciosos e galardoados libros ilustrados para nenos.

As obras de  Page  Tsou son unha fusión de técnicas nas que se poden apreciar influencias do cómic xaponés, da arte urbana e da pintura tradicional oriental. Un universo artístico complexo —máis próximo á sofisticación europea que ao  exotismo asiático a pesar do seu dominio da tinta chinesa— no que se mesturan motivos  atemporales e un continuo afán de ruptura co previamente establecido.

Na mostra recrea un mundo  onírico, ás veces inquietante e sempre enigmático, onde as súas mensaxes esconden lecturas diversas —a influencia de René  Magritte está patente en toda a súa obra—. O título da mostra é en si un xogo de palabras: “Gústame debuxar incluíndo sinais ocultos e distintos significados. A maioría das miñas obras son libros ilustrados nos que se tratan certos temas serios envoltos da inocencia e a diversión dos nenos. Esta é a idea principal que reflicte a exposición”, explica  Tsou.

En torno a mesma e con ánimo de achegar o universo da arte ao público máis novo, celebraranse diferentes obradoiros en torno á exposición. TSerán gratuitos e con prazas limitadas e, tan pronto estean perfilados, serán difundidos na nosa web e redes sociais para que os interesados/as realicen a inscrición.

2 en decembro, con visita guiada e obradoiro para público a partir de 13 anos impartidos por novos talentos gañadores de diferents premios

1 en xaneiro, de 4 xornadas para público de 6 a 13 anos impartidos pola artista e profesora Itzíaz Etzquieta.