Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Sala de Exposicións
  • Exposición Morquecho 2000-2020

Exposición Morquecho 2000-2020

Avísame

Data

25 de xuño - 27 de setembro

Horario

Entrada libre de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. Domingos de 12 a 14h. Luns, pechado.

Lugar

Sala Exposicións Pazo da Cultura

Categoría

Exposición

“Morquecho 2000-2020” ten como fío conductor a querenza do pintor por plasmar o percorrido ao longo destes últimos 20 anos, a partir das viaxes levadas a cabo por diversos países, Vermont (USA), Marrocos , Finlandia, e mesmo a súa estadía de dous anos en Berlín”. Todas elas plasmadas como o propio artista afirmaba, con “moita intensidade. Esa intensidade é a miña característica principal e a miña linguaxe é a cor. É moi importante para min expoñer en Pontevedra, aínda que é unha magoa que meus pais non chegaran a gozar deste evento”.

O percorrido da exposición non vai estar dividido por series (exceptuando unha serie de tintas) nin delimitada por anos. O artista non busca seguir unha orde cronolóxica precisa, senón mostrar as obras deste período de tempo de maneira global, e que o espectador indague, dialogue, se sumerxa na obra dun xeito natural, sen seguir un percorrido concreto. A obra irá acompañada con poemas e fragmentos de textos escritos sobre a súa obra, que describen o seu traballo e a súa relación coa natureza.

O visitante poderá achegarse e gozar da evolución plástica e cromática de Morquecho, onde parte do expresionismo e chega case á abstracción en moitas das obras 150 pezas da mostra , utilizando grandes masas de color, case planas, sempre sen buscar un efectismo gratuito, nas que un se mergulla e se funde coa paisaxe.

Entrada libre de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. Domingos de 12 a 14h. Luns, pechado.