Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Sala de Exposicións
  • Visitas guiadas 'Debuxando ao alén' de Ana Juan

Visitas guiadas 'Debuxando ao alén' de Ana Juan

Avísame

Data

10 de febreiro - 24 de febreiro

Horario

10,17 e 24 de febreiro ás 12:00h. sen inscrición previa.

Lugar

Sala Exposicións Pazo da Cultura

Categorías

Arte , Exposición

A artista Itziar Ezquieta realizará estas visitas os domingos 10,17 e 24 de febreiro ás 12:00h. para as que non é necesaria inscrición previa. 

Destinadas a público adulto e/ou familiar, recomendamos descargar previamente a aplicación 'Ana Juan, dibujando al otro lado' nos seus smartphones para mellorar a experiencia.

*Centros escolares de secundaria e bacharelato concertar a través do correo coomunicacion@pazodacultura.org

A exposición interactiva Ana Juan, debuxando ao alén, aproxímanos ao universo creativo desta ilustradora recoñecida internacionalmente. A aplicación desenvolvida para esta mostra descúbrenos o proceso creativo de dous proxectos editoriais totalmente distintos: Otra vuelta de tuerca e Snowhite. Ademais, preséntanos en primicia Erthaland, Snowhite’s Mystery Tale, unha aventura gráfica interactiva que desenvolve actualmente co equipo UNIT Experimental. Aquí poderemos mergullarnos no primeiro capítulo desta aventura e realizar unha visita virtual á contorna en que transcorre. Así mesmo, a realidade aumentada e unha recreación animada revélannos novos puntos de vista e múltiplos detalles deste proxecto.

Horario habitual de apertura da Sala: De martes a venres: 18:00h. a 21:00h.Sábados de 12:00h a 14:00h 18:00h a 21:00 h. Domingo e festivos de 12:00h. a 14:00h. Luns, pechado.