Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Sala de Exposicións
  • Mostra fotografía 'Voltar a ítaca' de Alba Sotelo

Mostra fotografía 'Voltar a ítaca' de Alba Sotelo

Avísame

Data

11 de outubro - 18 de novembro

Horario

Martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Luns, pechado.

Lugar

Sala Exposicións Pazo da Cultura

Categoría

Exposición

Este XOVES 11 de outubro ás 20:00 horas inaugurase a exposición 'Voltar a Ítaca' de Alba Sotelo con actuación de música tradicional de Bueu Pazo da Cultura de Pontevedra .

Entre o fotoxornalismo e abstracción ‘Voltar a Ítaca’ é unha mostra fotográfica que, por unha banda, reflexiona sobre o estado do sector da pesca tradicional na Galiza e, por outra, trata o concepto do mar coma espazo de ausencia/presencia en torno á viaxe interior dun personaxe imaxinario, con paralelismos con Ulises, que se perde e se atopa a si mesmo grazas ao poder da natureza. Estará exposta do 11 de outubro ao 18 de novembro no Pazo da Cultura. 

A exposición comisariada por Ramón Rozas consta de 53 pezas fotográficas de gran formato e unha instalación de vídeo elaborados pola fotoxornalista bueuesa Alba Sotelo. A exposición conta con versos da poeta Miriam Ferrandáns e ademáis no proxecto colaboran máis dunha treintena de artistas entre os que se topan Henrique Rivadulla Corcón, Xosé Iglesias, Ismael Ramos, Carmen Conde, Iria Collazo, Ana Cabaleiro, Xurxo Souto, Miguel Anxo Fernández, Antón Sobral e José Solla  que ofrecen a súa visión sobre o mar. 

Como engádega, na mostra se ofrece a posibilidade de que os visitantes acheguen á bitácora www.voltaraitaca.blog a súa visión sobre o mar coa intención de poder realizar unha publicación que sirva de base para a realización dun documental.