Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Sala de Exposicións
  • Na beira do río. Diálogos na Pintura. - Amelia Palacios e Alex Vázquez.

Na beira do río. Diálogos na Pintura. - Amelia Palacios e Alex Vázquez.

Avísame

Data

07 de outubro - 17 de novembro

Horario

De martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Luns, pechado.

Lugar

Sala Exposicións Pazo da Cultura

Categoría

Exposición

Temos o pracer de convidalo/a á inauguración da novena edición da mostra 'Na beira do río. Diálogos na Pintura', protagonizada por Amelia Palacios e Alex Vázquez. Terá lugar o luns 7 de outubro ás 20:00h. na Sala de Exposición do Pazo

Pai e filla concorren nunha edición especial, polo anecdótico desa situación familiar na que a pintura converteuse nun acubillo común, pero tamén por facer da mostra unha homenaxe á súa cidade, a esa Pontevedra que non deixa de ofrecer motivos para gabala no seu  descurrir pola historia que semella sempre desembocar nese río, nese Lérez que é o gran referente deste proxecto expositivo e ao que Amelia Palacios e Alex Vázquez sitúan no centro da súa exposición como motivo principal, pero tamén como activador de sensación pictóricas.

Dous xeitos diferentes de pintar, que xorden dun mesmo taller, pero que reflicten a realidade de maneira diferente, á pincelada corta e vibrante de Alex Vázquez Amelia Palacios resposta coa mancha, coa acumulación de veladuras que se sedimentan no cadro; as cores que enchen de enerxía os cadros de Alex Vázquez Amelia Palacios resposta cos grises e cunhas gamas de cores que enchen os cadros de melancolías, en definitiva, unha Pontevedra e dos pintores. Amelia Palacios e Alex Vázquez.

Visitable ata o 17 de novembro con entrada libre de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Luns, pechado.