Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Ponteatro: 'Medida x medida' de Shakespeare - Producións Teatrais Excéntricas

Ponteatro: 'Medida x medida' de Shakespeare - Producións Teatrais Excéntricas

Avísame

Data

10 de outubro

Horario

21:00

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Escena

O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar a lei contra os comportamentos inmorais. Cae a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un mozo de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella, a súa irmá monxa, a abandonar  convento coa tentativa de salvar a súa vida. Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na súa carreira contra a morte. Todo observado desde as sombras por un Duque Vincenzo, irrecoñecível baixo o hábito de frade mendicante.

Venda anticipada en www.ataquilla.com | Prezo por función 8,00 € - Estudantes, parados e xubilados 4,00 €

Abono para todas as funcións: 42,00 € + gastos | Abono para todas as funcións estudantes, parados e xubilados: 28,00 € + gastos

As entradas ou abonos de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos,

pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.