Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Ponteatro 2017 - 'A noiva de Don Quixote' de Eme2

Ponteatro 2017 - 'A noiva de Don Quixote' de Eme2

Avísame

Data

16 de novembro

Horario

21:00

Lugar

Teatro Principal

Categorías

Escena , Ponteatro

Despois da morte de don Quixote, as esperanzas de Dulcinea do Toboso de casar como Deus manda están case tan desaparecidas coma o fidalgo. E aínda máis se en realidade te chamas Aldonza Lorenzo, non es dama, nova nin bela, e traballas de camareira nun mesón cervantino, preto da autovía, nalgún lugar da Mancha

Dulcinea disponse a atravesar o seu particular dó con humor, con ironía, con emoción... Pero tal vez o principal misterio sexa a verdadeira identidade que se agocha tras a propia Aldonza.

Venda anticipada en www.ataquilla.com | Prezo por función 8,00 € - Menores, parados e xubilados 4,00 €

Abono para todas as funcións: 48,00 € | Abono para todas as funcións menores, parados e xubilados: 32,00 €
As entradas ou abonos de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.

Este folleto é meramente informativo e a programación pode sufrir variacións por causas alleas á organización.

No caso de non esgotarse as entradas na venda anticipada, estarán á venda 1h antes na billeteira do Teatro.