Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Ponteatro 2018: 'A leituga' de Eme2 emoción & arte

Ponteatro 2018: 'A leituga' de Eme2 emoción & arte

Avísame

Data

04 de outubro

Horario

21:00

Categorías

Escena , Ponteatro

4 OUT

A LEITUGA

Eme2 emoción & arte

 

Cinco familiares reúnense na casa da irmá maior, Virxinia (Mercedes Castro) e o seu marido, Héctor (Antonio Durán Morris), para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma desde hai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai...

A Leituga aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos e todas pasamos ou pasaremos nalgún punto das nosas vidas: como actuaremos no momento en que os nosos pais se aproximen á morte?

 

Venda anticipada en www.tiketea.com | Prezo por función 8,00 € - Menores, parados e xubilados 4,00 €; todo iso máis gastos de tramitación.

https://www.ticketea.com/entradas-teatro-a-leituga-teatro-principal-pontevedra/

Abono para todas as funcións: 36,00 € máis gastos de tramitación 
As entradas de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.

Este folleto é meramente informativo e a programación pode sufrir variacións por causas alleas á organización.

No caso de non esgotarse as entradas na venda anticipada, estarán á venda 1h antes na billeteira do Teatro.