Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Ponteatro 2018: Venres Golfos - 'Goldi libre!' de Grupo Chévere
GOLDI LIBRE

GOLDI LIBRE

Ponteatro 2018: Venres Golfos - 'Goldi libre!' de Grupo Chévere

Avísame

Data

26 de outubro - 27 de outubro

Horario

23:59

Categorías

Escena , Ponteatro

 

Espectáculo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión, que levou a centos de mozos ao cárcere como presos de conciencia. A obra parte da experiencia persoal e o testemuño do actor César Goldi, que en 1993 foi xulgado e condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria.

Desde unha perspectiva autocrítica, distanciada e irreverente, a obra ofrece ademais unha panorámica desenfadada do activismo social e político da esquerda dos anos 80 e 90 do século XX, cuestionando algúns dos mitos da loita antimilitarista.

 

Venda anticipada en www.tiketea.com e na Casa da Luz | Prezo por función 8,00 € - Menores, parados e xubilados 4,00 €; todo iso máis gastos de tramitación.

No caso de non esgotarse as entradas na venda anticipada, estarán á venda 1h antes na billeteira do Teatro.