Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Ponteatro 2020: Camiños

Ponteatro 2020: Camiños

Avísame

Data

26 de novembro

Horario

21:00

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Escena

Camiños afonda na identidade galega nunha mestura de tradición e modernidade, unha peza de teatro moi físico  na que a música folk convive coa electrónica, as bicicletas de  spinning coas letras de Castelao, Rosalía ou Manuel María e onde os  selfies conviven cos sachos. Un aluvión escénico que fará que os espectadores non poidan quedar indiferentes.

Texto de Esther Carrodeguas que conta no seu elenco con Noelia Blanco, Noa Covelo, Celina Fernández, Esther F. Carrodeguas e Pia Nicoletti.

Aforo limitado a 60 persoas sentadas individualmente e cunha cadeira libre polo medio. O uso de máscara é obrigatorio en todo momento, así como o cumprimento da normativa e restricións sanitarias vixentes en cada momento, ao igual que se deben cumprir permanentemente as indicacións do persoal de sala. Non está permitido intercambiar cadeiras ou ocupar cadeiras diferentes á que figura na entrada adquirida. 

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8€ (4€ para Carné Xove, parados e maiores de 65). Se non se esgotan na venda anticipada, estarán dispoñibles o día do espectáculo na billeteira física de 19 a 20h.