Ponteatro 2021: Feminíssimas de De Ste Xeito Producións
Data
11 de marzo
Horario
20:00
Lugar
Teatro Principal
Categoría
Ponteatro
Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.
Esta é a base de Feminíssimas, unha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.
Unha maneira –tamén- de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria.
Un espazo –ademáis- para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
En resumo: unha comedia negra… moi violeta.
As entradas están en venda anticipada en Ataquilla.com a un prezo de 8€+ gastos. 4€ + gastos para Carné Xové, desempregados e maiores de 65 anos. De non esgotarse, o propio día do espectáculo a partir das 18h.
IMPORTANTE: O espectáculo, orixinalmente programado para as 21h. foi adiantado ás 20h. por mor do novo horario do toque de queda ás 22h. (Se mercaches entradas e non estás conforme co cambio de hora, podes escribir a ataquilla@afundacion.org e solicitar a devolución)
A compra de entradas supón a admisión e cumprimento da normativa vixente con respecto á COVID a nivel xeral e a propia do recinto que ten a súa disposición no documento Medidas Covid da plataforma de venda onde tamén podedes consultar o plano de distribución de butacas.
A apertura de portas terá lugar 30min. antes do inicio do evento. Recomedamos asistir con marxe para facilitar a acomodación e evitar aglomeracións.