Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Tempada de Teatro: 'Casa O`Rei' de Ibuprofeno Teatro

Tempada de Teatro: 'Casa O`Rei' de Ibuprofeno Teatro

Avísame

Data

03 de maio

Horario

21:00

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Escena

Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do "Rei Lear" de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

Elenco: Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Victor Mosqueira, Xosé M. Esperante`

Entradas anticipadas aquí e no despacho da Casa da Luz a un prezo de 8€ (4€ para estudantes, parados e xubilados). De non esgotarse, 1h. antes na billeteira do Principal.

Compra aquí tus entradas

ticketea