Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Tempada de Teatro: 'Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos' de Matrioshka Teatro

Tempada de Teatro: 'Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos' de Matrioshka Teatro

Avísame

Data

15 de maio

Horario

21:00

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Escena

Este espectáculo é un percorrido pola vida e obra de María Victoria Moreno Márquez que se escribía a si mesma coma unha señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos. Queremos lanzar, un convite aberto a todos os públicos que busquen- precisen-disfruten, de universos de imaxes e letras, de mulleres que viaxan a contracorrente, de accións e camiños por camiñar.

Escritora, mestra, loitadora, artista, defensora da lingua, María Victoria Moreno é pioneira da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, mestra apaixoada polo ensino, namorada da boa literatura, e de escoitar e falar cos cachorros dos humáns, como lle gustaba chamar ao seu alumnado.

Sementadora de futuro que exploraba camiños diferentes para mundos mellores coa previsión de advertir das paisaxes fermosas ou das cárcavas perigosas ás xentes que veñen detrás.

Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos mete os pés teatro e camiña no escenario da man de María Victoria para revelar estados de ánimo, ilusións, medos, incertezas e esperanzas, porque nós cremos, coma ela, que As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos.

Venda anticipada de entradas na Casa da Luz e Ticketea a un prezo de 8€ + gastos (4€ + gastos para estudantes, parados e xubilados) e de non esgotarse, unha hora antes na billeteira do Principal.

 SORTEO no noso Facebook ata este venres 11 de maio para ganar un pase dobre para este espectáculo e o resto da Tempada de Teatro.Compra aquí tus entradas

ticketea by Eventbrite