Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • VII Festival das Núbebes no Principal e outros espazos da cidade

VII Festival das Núbebes no Principal e outros espazos da cidade

Avísame

Data

20 de setembro - 29 de setembro

Horario

Teatro Principal, Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro, Patronato de Turismo Rías Baixas, Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e a sede social do Casino Mercantil.

Lugar

Teatro Principal e outros espazos da cidade.

Categoría

Nenos

Co mes de setembro chega a Pontevedra o festival que os máis pequenos/as e tamén os papás e mamás estabades a agardar. Serán dúas intensas fins de semana cheíñas de propostas arredor das artes escénicas, pensadas e dirixidas á cativada da casa. Teremos teatro, danza, música, obradoiros, animación de rúa, contacontos, a guerra de almofadas... Un amplo abano de cousiñas bonitas que preparamos con moito cariño e cuns fermosos obxectivos: que poidades aprender xuntos, compartir experiencias e gozar dun tempo de lecer en familia.

O programa de actividades desenvolverase os días 20, 21, 22, 28, 29 de setembro en espazos espallados por toda a cidade: Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro, Patronato de Turismo Rías Baixas, Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e a sede social do Casino Mercantil.

Comeza a sétima edición. Benvidos/as ao Festival das Núbebes

Consultade no programa os espazos e a necesidade ou non de mercar entrada ou de pasar a recollela aínda que sexa de balde.