Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Voices - Morcheeba

Avísame

Data

23 de novembro

Horario

21:00

Lugar

Auditorio Pazo da Cultura

Categoría

Música

Pucos grupos como Morcheeba teñen brillado tanto desde mediados dos anos noventa, cando xurdiron na escena do trip hop, unindo a música electrónica con funk, soul e jazz. As súas composicións seguen a transportarnos a esas paraxes exóticas tan características da banda. O seu ADN segue a ser ese downtempo atravesado por sucos de trip-hop, deixes africanos, e riffs de guitarras e sons de sitar coroados pola voz íntima de Skye. Unha banda moi persoal, difícil de clasificar e que co paso dos años conseguiu facerse un oco no corazón dos seus seguidores, aportando a partes iguais un profundo pozo de melancolía e outro de optimismo. Morcheeba naceu en 1995 e completou oito álbums desde entón, chegando a estar na lista dos 10 máis vendidos de Reino Unido con dous deles.

Agora chegarán a Pontevedra, na única parada en Galicia, para presentar o seu último traballo, 'Blaze away' que chegou ao mercado o pasado 1 de xuño.

Entradas anticipadamente en Ticketea e na Casa da Luz e, de non esgotarse, dúas horas antes na billeteira do Pazo.