Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Voices 2019 - Glen Hansard

Avísame

Data

01 de novembro

Horario

21:00

Lugar

Auditorio Pazo da Cultura

Categoría

Música

O artista irlandés Glen Hansard actuará en Pontevedra o próximo mes de novembro con toda a banda al completo. O seu directo no Pazo da Cultura dentro do ciclo Voices será un dos poucos que ofreza no noso país este ano presentando o seu último traballo This Wild Willing.

Comparado en ocasións con artistas como Bob Dylan, Leonard Cohen ou Van Morrison, colaborou recentemente no último traballo de estudio de Eddie Vedder (Pearl Jam), quen ademáis o invitou a compartir xira este ano.

“This Wild Willing”, é o cuarto álbum de estudo do artista irlandés Glen Hansard. Unha marabillosa colección de cancións onde combina a inventiva sonora da súa outra banda,  The  Frames, coa disciplina obtida ao longo dos anos como compositor en solitario. Este novo traballo foi concibido integramente en París, e gravado alí mesmo cun amplo grupo de músicos de distintas procedencias e de moi diversos estilos.

Gañador dun Óscar á mellor canción na cerimonia de 2008, vocalista, compositor, guitarrista e líder da banda irlandesa The Frames e do dúo "folk-rock", The Swell Season, Glen Hansard (Dublín, 1970) traballou como actor en películas como "The Commitments", de Alan Parker, ou "Once", de John  Carney, pola que obtivo en 2008 o antedito galardón.


Entradas xa a venda en Ataquilla.com a partir de 21,90€.