• Percorrido “Do Covo”

    Percorrido “Do Covo”

  • Percorrido “Da illa”

    Percorrido “Da illa”

  • Percorrido “O Millón”

    Percorrido “O Millón”

Circuítos Deportivos

A illa do Covo é un lugar natural moi empregado, dende tempo, para o esparcemento e lecer da poboación e en especial, para a práctica da actividade física saudábel de camiñar ou correr, así como para desenvolver diversos exercicios de flexibilidade, resistencia, velocidade e forza.

Son moitos os cidadáns que se achegan a illa para facer deporte, non só a nivel popular senón tamén a nivel profesional, xa que tamén e un dos lugares escollidos polos atletas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, (Centro de alto Rendemento) para os seus entrenamentos.

Javier Gómez Noya, o mellor triatleta de todos os tempos, pódese ver adestrando habitualmente por este espazo natural, xa que conta con varios percorridos atleticos.

Un dos percorridos sinalados na illa (o vermello) xa é coñecido como o percorrido de Javi Gomez Noya o ser empregado habitualmente por este.

O segundo percorrido  de cor azul leva o nome duns pioneiro do tríatlon en Pontevedra.

O terceiro percorrido, “o Millón”de cor verde marca a distancia de 1.000 metros, moi empregada para facer cambios de ritmo e sprints polos deportistas.

Características:

A illa conta con tres percorridos por pistas de xabre de distintas distancias, marcadas con uns mollóns con distintas cores para indicar os distintos percorridos. A illa tamén conta con iluminación para a practica deportiva sexa posible de noite.

Os tres percorridos empregan como base o Paseo Principal, condicionado cun decrecido de area de río, a súa anchura permite o percorrido nos dous sensos da marcha de xeito simultáneo. Tamén se empregan as sendas terciarias e os camiños secundarios de toda a illa para completar os percorridos.

 

Percorrido  “Do Covo”

  • Distancia 1.872 metros
  • Cor de sinalización: Vermello
  • Sentido da marcha: Circular comezando de Sur a Norte xunto ao río Lérez.

Percorrido: “Da illa”

  • Distancia 1.584 metros
  • Cor de sinalización: Azul
  • Sentido da marcha: comeza de Sur a Norte polo interior da Illa do Covo e remata de Norte a Sur polo Paseo Principal

Percorrido: “O Millón”

  • Distancia 1.000 metros
  • Cor de sinalización: Verde
  • Sentido da marcha: de Sur a Norte

Instituto Municipal de Deportes