• Escultura “A Casiña” do artista José Pedro Croft

    Escultura “A Casiña” do artista José Pedro Croft

  • Escultura “A Casiña” do artista José Pedro Croft

    Escultura “A Casiña” do artista José Pedro Croft

  • Escultura “A Casiña” do artista José Pedro Croft

    Escultura “A Casiña” do artista José Pedro Croft

A casiña

Autor

José Pedro Croft

Dimensións

3,2x5x3 m

Material

Granito gris perla de Mondariz.

A casa é o mundo que o home se constrúe para si mesmo, constrúea nese outro mundo que é a Gran Casa de todos, na natureza. Esta casa de granito gris, sen portas nin ventas nin abertura ningunha que poida servir para entrar nela, é unha metáfora da cega relación entre o home e a natureza na que se move diariamente. Unha contradición da vida cotiá.

Unha casa sen aperturas, de granito gris, a cor do cemento, inapracible e fría, e que xamais será habitada por ninguén. A vida está fóra, dándolle acubillo á casa, dándolle calor mentres é duplicada polo reflexo do río, as árbores penetran na escultura e parecen querer abrazala e aceptala dentro da candidez do bosque. (ILLARTE)

José Pedro Croft

Nace no Porto, Portugal, en 1957. Na súa obra cuestiona os conceptos de interior e exterior, de peso e fraxilidade, de continuidade e descontinuidade. Representou a Portugal nas bienais internacionais de Venecia e Säo Paulo. No 2001 foi Premio Nacional de Arte Pública (Queluz), Portugal.

Croft gusta de citar una frase que sen dubida condensa certamente seus intereses creativos: “Os artistas son os que pasa súa vida ligando os anacos soltos do mundo”.

Tamén emprega nas súas obras a unión entre o vivo e o morto. Por iso a madeira, o calor dese material suave e familiar, e a súa mestura con materiais fríos de construción como o cemento, conseguen dar unha sensación ós seus traballos de mutantes da natureza que a abraza e envolve.