• Escultura “Bancos de Pedra” da artista Jenny Holzer

    Escultura “Bancos de Pedra” da artista Jenny Holzer

Bancos de pedra

Autor

Jenny Holzer

Dimensións

64,75x138x45 cm/u

Material

Granito gris perla de Arcade

O proxecto de Holzer para a Illa das Esculturas consiste na instalación de oito bancos de granito gris no paseo central da illa; gravados na súa tapa con doce frases ordenadas alfabeticamente. Onde calquera banco, a carón de calquera paseo do mundo, sexa unha invitación ao descanso, facéndonos unha invitación a sentarnos sobre uns pensamentos, “porque descansar nun camiño pode significar tamén tomar un tempo para a reflexión ou pensar sobre as vivencias do paseo”.

Estes bancos axudan a asentar as ideas, as reflexións propias ou tamén as doutros. É arte que quere ser usada, e no só contemplada, de que os bancos sexan rapidamente asimilados como un elemento máis da illa, que vaian perdendo ese halo de obra de arte, converténdose en parte da paisaxe e como tal sexan empregados para seu uso mais primitivo.

Jenny Holzer

Nace en 1950 en Gallipolis, Ohio (EEUU). Holzer foi orixinalmente unha artista abstracta, pero despois de trasladarse a Nova Iorque en 1977 comezou a traballar con palabras e textos, e agora defínese como artista conceptual. O seu traballo baséase na intervención en espazos públicos. Emprega principalmente pósters, pero tamén letreiros luminosos, adhesivos, camisetas…

A aparencia do texto, o tamaño, lugar espacial e temporal son importantes para Holzer á hora de atraer a atención do espectador.