• Escultura “Ceo Acurtado” do artista Giovanni Anselmo

    Escultura “Ceo Acurtado” do artista Giovanni Anselmo

Ceo acurtado

Autor

Giovanni Anselmo

Dimensións

120x22x22cm

Material

Granito negro de Campo Lameiro

Canto mide o ceo? Podemos acadalo? Esta escultura de Giovanni Anselmo acurta esta distancia nun metro e vinte centímetros. É unha reflexión sobre o infinito inalcanzable do cosmos. O ser humano (de existencia finita no tempo e no espazo) sempre sentiu a curiosidade de medir e acoutar o ceo.

A vexetación baixa da xunqueira que a rode realza aínda máis esta chamada ao infinito.

“Ceo Acurtado é un símbolo, tal vez un xesto, que nos recorda cunha exquisita mirada poética, que a distancia entre o ceo e a terra é só un concepto físico, nunca un desexo inalcanzable do home que pode vivir unha experiencia cósmica, cando se identifica co mundo, coas cousas, coa vida nunha situación de enerxía”

(Historia del arte universal de los siglos XIX e XX – Ana María Prekler)