• Escultura “Labirinto de Pontevedra” do artista Robert Morris

    Escultura “Labirinto de Pontevedra” do artista Robert Morris

Labirinto de Pontevedra

Autor

Robert Morris

Dimensións

9x12x2 m

Material

Granito de Arcade, lousa e grava

Robert Morris basease para súa escultura dun petróglifo que se atopa na ría de Pontevedra, no monte de San Xurxo en Mogor - Marín, (sendo quizá a inscrición do labirinto máis antiga en Europa Occidental, datable da Idade de Bronce).

O labirinto é unha figura que para o autor encerra graficamente o que o el denomina como “presente continuo” onde o que está a suceder xa pasou e volverá a pasar. É unha alegoría da vida, sabemos cándo entramos, pero non cándo sairemos, sen embargo a busca do centro primeiro e da saída, máis tarde, son constantes. Os dous metros de alto das súas paredes e o pouco espazo que hai entre elas, danlle ao visitante unha sensación de agonía desexando chegar a seu centro, cando o consegue o centro non lle acouga e busca rapidamente a súa saída.

Robert Morris

Naceu en 1931 en Kansas, Missouri. É escultor, artista conceptual e escritor. Encadrado na tradición do arte conceptual, explora as múltiples relacións existentes entre a obra, o artista, o público e o espazo circulante, cunha especial atención ao proceso mesmo de creación da obra, no que tanto o espazo como os materiais transfigúranse poeticamente.

Na expresión artística recorre a utilización de formas simples, polo que cabe consideralo como un dos percusores do arte minimalista a comezos da década dos sesenta. Tamén realizou importantes contribucións á Land Art. E autor tamén de series de debuxos como Blind Time.