• Escultura “Liña de Pontevedra” do artista Richard Long

    Escultura “Liña de Pontevedra” do artista Richard Long

  • Escultura “Liña de Pontevedra” do artista Richard Long

    Escultura “Liña de Pontevedra” do artista Richard Long

  • Escultura “Liña de Pontevedra” do artista Richard Long

    Escultura “Liña de Pontevedra” do artista Richard Long

Liña de Pontevedra

Autor

Richard Long

Dimensións

37m

Material

Granito branco.

A obra de Richard Long en Pontevedra, unha liña recta de 37 metros de lonxitude, construída con 17 toneladas de anacos de granito branco de desperdicio, pedras sen traballar, tal e como a natureza as achega. Long elixe o lugar da súa obra nun carreiro natural, feito polos visitantes da illa, non creados de antemán, sen iluminación nin acondicionamento especial. Un camiño natural que é o máis curto entre dous puntos, sendo empregado, incluso cando o autor estaba a traballar na obra, deixando demostrado que a natureza do camiño non se deixa alterar, pola intromisión de nada, deixa unha pegada coidadosa da súa obra na natureza.

O autor escribiu unhas notas ao respecto:

“Un sendeiro é un lugar. Tamén é un camiño que vai dun lugar a outro e volve novamente. Calquera lugar ao longo del é unha parada”.

“A percepción da súa lonxitude depende da velocidade do camiñante, ou dos seus pasos ou da súa dificultade. Dar a volta atrás non significa cambiar o tempo da viaxe”.

“Un sendeiro pode ser seguido, ou cruzado. Un sendeiro é practico: toma a liña de menor resistencia, ou a máis fácil ou a máis directa ruta”.

“Algunhas veces o sendeiro é o único acceso a través dun área. Son compartidos por todos aqueles que o empregan. Cada usuario pode facer un diferente traxecto, e por unha razón diferente”.

“Os animais tamén fan uso dos rastros dos humanos e viceversa, un sendeiro faise polo movemento, polas pegadas acumuladas dos seus usuarios. Manténdose polo seu uso reiterado, e desaparecendo se non o empregaran”.

“As características dun sendeiro dependen da natureza da terra, pero as características poden ser universais”.

“Un paseo largo a miúdo faise xuntando unha selección de sendeiros, un detrás doutro, ata facer un percorrido particular. Hai unha variedade infinita e cósmica de percorridos, a todas as escalas. Ao redor do mundo nas diferentes culturas, os sendeiros están marcados de moi diferentes maneiras, con mollóns, postes indicadores, puntos quilométricos, bandeirolas de oración, altares, muros menai, e outras marcas sagradas ou culturais.”.

 

Richard Long

Artista británico, nacido en Bristol, no 1945, escultor, fotógrafo e pintor, é un dos máximos representantes de Land Art. É o único artista ao que seleccionaron para o Premio Turner en catro ocasións, tendo fama de haber rexeitado o premio no ano 1984, foi nominado no 1984, 1987, 1988 e gañou o premio no 1989 para a Liña de Auga Branca.

Unha das primeiras esculturas foi unha senda marcada polo acto de camiñar repetidamente en liña recta nun campo de herba.