• Escultura “Memoría do Río” do artista Fernando Casas

    Escultura “Memoría do Río” do artista Fernando Casas

Memoria do río

Material

Fundición en bronce a partir de troncos naturais e arbores vivas.

A obra modernista de Fernando Casás, consta de catro árbores (Platanus hybrida) de fundición en bronce mesturados con outros naturais preto da ponte peonil, as árbores simbolizan as persoas que xa non están entre nos pero si os seus recordos e as súas historias que sempre perdurarán no tempo.

Fernando Casás

Fernando Estarque Casás nace en 1942 en Gondomar, Pontevedra. De neno é levado para Brasil polos seus pais, volve a España con 8 anos, pasando aquí dous anos, retorna ao Brasil e alí permanece 20 anos. A partir de 1975 pasa longas tempadas en España, establecéndose definitivamente no 1989.

Actualmente é profesor de escultura na Escola Superior de Arte de Porto (Portugal) e na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. En 1994 gaña o Premio Internacional "Burgo das Nacións" da Universidade de Santiago de Compostela.