• Escultura “Menhir” do artista Ulrich Rückriem

    Escultura “Menhir” do artista Ulrich Rückriem

  • Escultura “Menhir” do artista Ulrich Rückriem

    Escultura “Menhir” do artista Ulrich Rückriem

  • Escultura “Menhir” do artista Ulrich Rückriem

    Escultura “Menhir” do artista Ulrich Rückriem

Menhir

Dimensións

5x1x1 m

Material

Granito rosa Porriño

A obra que o escultor alemán propuxo sitúase no cruce que se produce entre o camiño que atravesa a illa, de sur a norte paralelo ó río na marxe este, e o que procede da segunda ponte, no extremo oposto. “Árbore de pedra que xorde dunha raíz enterrada a un metro de profundidade na terra”.

Columna que sublima o contraste entre a súa verticalidade e estatismo e a horizontalidade e movemento do río Lérez. É o propio autor quen explica o significado desta obra: “o traballo constituíu na fragmentación dunha estea de granito, para despois reconstruílo de novo, deixando os ocos da cuña de canteiro”.

Ulrich Rückriem

Nace en 1938 en Dusseldorf (Alemaña). Vive e fórmase como canteiro e escultor en Colonia, Irlanda e Normandía. Durante o ano 1962 viaxa polo sur de Europa, Marrocos e Túnez. Ao seu regreso a Alemaña, decide converterse en escultor e se establece en Nörvenich cerca de Düren, onde un ano despois ten a súa primeira exposición individual no museo Leopol-Hoesch.

Recibe varios premios como o Documenta de Kassel en 1988 e o Premio de Escultura de Berlín en 1998. En 1974 converteuse en profesor da Facultade de Belas Arte de Hamburgo, da Academia de Arte de Dusseldorf en 1984 e da Stadelschule de Frankfurt en 1988.