• Escultura “Os 36 Xustos” do artista Fernando Casas

    Escultura “Os 36 Xustos” do artista Fernando Casas

Os 36 xustos

Dimensións

Superficie ocupada: 4.000m2

Material

Granito de Campo Lameiro

Esta obra escultórica reborda simbolismo: por qué 36 árbores de granito e non outro número? Por que están entre os eucaliptos? Por que representa troncos cortados e calcinados? Todo cobra sentido se acudimos a unha historia que nos conta a tradición hebrea, onde 36 persoas de diferente orixe, clase, relixión e raza foron escollidas para manter o equilibro entre a morte e a vida, os 36 xustos.

Esta lenda sagrada recórdanos o equilibrio natural onde a morte suscita vida. Fernando Casás, ao introducir a súa obra entre os eucaliptos quérenos recordar que onde viven os eucaliptos a morte reina ao seu redor. O home modificou a paisaxe dos nosos montes, convertendo a natureza en fábrica de madeira, cortándoa e queimándoa. Así mesmo, os 36 xustos non deixa de ser unha esperanza. Sendo os 36 xustos da natureza que, dende a súa humildade pero desde a súa presenza firme e definitiva, tratan de manter un equilibrio perdurable.

Fernando Casás

Fernando Estarque Casás nace en 1942 en Gondomar, Pontevedra. De neno é levado para Brasil polos seus pais, volve a España con 8 anos, pasando aquí dous anos, retorna ao Brasil e alí permanece 20 anos. A partir de 1975 pasa longas tempadas en España, establecéndose definitivamente no 1989. actualmente é profesor de escultura na Escola Superior de Arte de Porto (Portugal) e na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

En 1994 gaña o Premio Internacional Burgo das Nacións da Universidade de Santiago de Compostela.