• Escultura

    Escultura "Petrarca" do artista Ian Hamilton Finlay

  • Escultura

    Escultura "Petrarca" do artista Ian Hamilton Finlay

  • Escultura

    Escultura "Petrarca" do artista Ian Hamilton Finlay

Petrarca

Dimensións

3 medallóns de 42x26x5cm

Material

Lousa verde de Lugo.

Nun paseo melancólico, solitario, fóxese das pegadas e rastros humanos; que non distraían os pensamentos. Isto é o que persegue Ian ao pendurar nos eucaliptos, a máis de 5 metros de altura, os tres medallóns. Cada un leva o nome do poeta  Petrarca inscrito sobre un número de caracteres romanos. Danos así unha pista para investigar na obra do poeta, observador da paisaxe. Atoparemos tres sonetos así numerados.

Petrarca XXXV

Con pasos tardos, lentos, vou medido pensativo os campos máis desertos, cos ollos abertos evitando atopar pegada humana no camiño.

Outro medio non teño que me salve do claro darse de conta da xente, porque nos feitos de ledicia faltos se le por fóra que por dentro ardo; tanto que monte e chaira, e selva e río imaxino saberán cál é o tempero desta vida que gardo ocultamente.

Mais non encontro por áspera que sexa parte ningunha onde Amor non veña a que con el razoe, e el comigo.

Petrarca CXXXII

Se non é amor, ¿qué é daquela o que sinto?
Mais se é amor, por Deus ¿qué cousa e cómo?
Se boa é, ¿por qué é mortal o seu efecto?
E se mala. ¿por qué e doce o tormento?
Se por vontade me abraso, ¿por qué o pranto?
Se ó meu pesar, ¿qué vale lamentarse?
Oh, delicioso dano, ou viva morte,
¿cómo, sen consentilo, tanto podes?
E non me hei queixar se o consinto.

En fráxil barca e ventos tan contrarios atópome en alta mar e sen goberno, tan falto de saber, de erro ateigado, que eu mesmo non sei o que quero e tremo de calor e ardo de frío.

Petrarca CCCX

Céfiro volve, e volve o tempo bo, e as herbas e flores, a súa familia; e chora Filomena e pía Progne, e brota a florida primavera.

Os prados rin e acouga o ceo; Jove alégrase de mirar a Venus; de amor énchense aire, terra e auga, e calquera animal de amar se lembra.

Mais para min retornan os máis graves suspiros que do fondo peito arranca a que ó ceo as súas chaves levou; e o canto das aves, e as flores, e os doces feitos femininos son un deserto, ou son como as feras.

Ian Hamilton Finlay

Finlay naceu en Nassau (Bahamas) en 1925, fillo de país escoceses. Ao final da Segunda Guerra Mundial, Finlay traballou como pastor, antes de comezar a escribir contos e poemas. Comezou a inscribir os seu poemas en pedras e colocalas no seu xardín Little Sparta, preto de Edimburgo. 50 artistas profesionais escolleron a Lottle Sparta como o traballo artístico máis importante de Escocia. 

Recibiu numerosos recoñecementos e foi premiado en viarias ocasións. En 2002 foi nomeado Comandante da Orde do Imperio Británico. Morreu en Edimburgo con 80 anos.