• Escultura “Pyramid” do artista Dan Graham

    Escultura “Pyramid” do artista Dan Graham

  • Escultura “Pyramid” do artista Dan Graham

    Escultura “Pyramid” do artista Dan Graham

  • Escultura “Pyramid” do artista Dan Graham

    Escultura “Pyramid” do artista Dan Graham

Pyramid

Autor

Dan Graham

Dimensións

190x190x190 cm

Material

Granito rosa Porriño

A obra, unha pirámide que á súa vez contén tres pirámides invertidas escavadas, é unha obra rescatada dende a Bienal de Porriño ata a Illa das Esculturas. O espectador pode ver como unha imaxe se reflicte se contén en si mesma, e como se duplica nas augas do río.

Nesta obra, o autor pretende, a duplicidade da imaxe nas augas tranquilas e lograr así absorber cousas do ámbito exterior. (Brian Hatton)

Dan Graham

Nace en 1942 en Urbana Illinois (EEUU) é un artista conceptual, de gran relevancia, tamén polo seu papel de crítico de arte. En 1964 trasladase a Nova Iorque e comeza a súa carreira, a pesar de que só tiña os estudos da escola secundaria, funda a John Daniels Gallery en Nova Iorque, Traballou alí ata 1965, cando comezou a crear as súas propias pezas conceptuais.

Traballa en varios campos artísticos: cine, performance, fotografía  maquetas arquitectónicas e estrutura de cristal e espello. Ao longo de toda a súa carreira, explorou a relación do público coa súa arte.